top of page

Polo dereito a unha vida digna. Stop turistificación.

  • Writer: Santos Robles
    Santos Robles
  • May 31
  • 2 min read

Pronto fará un ano, o 21 de xullo, desde que en Mallorca saímos masivamente ás rúas baixo o lema “Cambiemos o rumbo. Poñamos límites ao turismo”. Durante o verán, Eivisa e Menorca tamén se mobilizaron en multitudinarias protestas que evidenciaron o rexeitamento ao actual modelo económico das illas, baseado na turistificación, a especulación, a precariedade, as desigualdades, a sobreexplotación dos recursos e o crecemento turístico ilimitado nun entorno tan fráxil como o insular.


Este rexeitamento ao modelo turístico e as demandas expresadas nestas mobilizacións foron ignoradas polas institucións e ridiculizadas polo sector turístico, que manipula con falsos anuncios de reorientación do negocio cara a unha suposta sustentabilidade: mesas de diálogo, pactos de sustentabilidade, grupos de expertos, anuncios partidistas… En realidade, todo é unha manipulación da linguaxe e unha negación do problema de raíz que implica un modelo turístico que non queren cambiar baixo ningunha circunstancia. Pola contra, impulsáronse normativas regresivas en termos ambientais, sociais e, sobre todo, territoriais. Actualmente, coa instrumentalización do problema da vivenda, as illas sofren unha nova onda de destrución territorial, desregulación normativa e esgotamento de recursos que acelera a nosa vía cara ao colapso.


Ante esta resposta claramente insuficiente, debemos alzar de novo a nosa voz: o modelo turístico empobrécenos e condúcenos ao colapso. E somos moitas, desde residentes ata traballadoras do sector, que loitamos por un convenio de hostalería digno e que expresamos o noso rexeitamento nas rúas, na nosa vida cotiá, organizándonos e mobilizándonos.

Volvemos ás rúas para dicir “basta”, e farémolo cantas veces sexa necesario. Se non nos escoitan nas rúas, escoitarannos no día a día. Seguiremos realizando accións e mobilizacións en todos os espazos clave deste modelo depredador: en actos públicos, eventos políticos e símbolos turísticos. Convertémolos nos nosos escenarios de protesta ata lograr un cambio real.


O domingo 15 de xuño, volveremos saír ás rúas:

  • Polo dereito a unha vivenda garantida

  • Polo dereito aos espazos públicos

  • Polo dereito a un traballo digno

  • Pola xustiza interxeracional

  • Polo dereito a un medio ambiente san

  • Polo dereito á auga

  • Polo dereito á soberanía alimentaria, económica e produtiva

  • Polo dereito a uns servizos públicos de calidade

  • Polo dereito á tranquilidade e ao descanso

  • Polo dereito á sustentabilidade lingüística e cultural


Adherímonos así á convocatoria.


O 15 de xuño ás 18h vémonos na Praza de España.

Polo dereito a unha vida digna. Stop turistificación.

Pel dret a una vida digna. Stop turistificació.
Polo dereito a unha vida digna. Stop turistificación.

 
 
 

Comments


bottom of page